Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

jueves, 20 de noviembre de 2014

OBRADOIRO: CIENCIA DIVERTIDA

Este mércores tivemos unha visita moi divertida no noso cole. Os cociñeiros Ana Tillas e Carmelo Cotón ofrecéronnos un estupendo obradoiro sobre a alimentación sana e equilibrada. Aprendemos moito, e sobre todo participamos en todas as actividades que nos propuxeron. Ata cantamos un "rap" ao final.
Aquí vos deixamos unhas fotos do obradoiro.


lunes, 22 de septiembre de 2014

miércoles, 10 de septiembre de 2014

O ARCO DA LÚA

O primeiro día de clase en 1º B lemos un fermoso conto chamado "O ARCO DA LÚA".
Sete animais non se senten ben tal e como son, e desexan cambiar algunha cousiña do seu aspecto, pensando que iso os pode facer máis felices. Para acadar os seus desexos pasan por debaixo das cores do arco da vella, mais... o resultado non é o esperado. Soamente a Lúa pode axudalos.

Aquí podedes ler o conto completo. De seguro que vos encanta. 




lunes, 8 de septiembre de 2014

BENVID@S A PRIMARIA!!

Ola, son Pintiñas, unha troita amiga!!
Se queredes saber a miña historia podedes falar coas nenas e nenos que están en 2º e 3º. Coñecéronme o ano pasado e fixémonos grandes amigos.
Estades nervios@s? Eu creo que máis que nervios@s estades emocionad@s,  a que sí? pois comezades unha nova etapa, e de seguro que na casa as vosas familias andan a voltas con iso.
"Ai, como medran estes cativos!! xa pasan para Primaria!!!". E logo? Pensaban que vos iades quedar toda a vida en Infantil? Ás veces os maiores teñen cada cousa...
Bueno, pois espero que o pasedes moi ben os primeiros días, e que veñades con ganas de seguir aprendendo, gozando e descubrindo o mundo que vos rodea.
Eu non estarei moi lonxe, se me necesitades non tedes máis que chamarme, así, moi baixiño : Pintiñaaaas!! 
Se tardo un pouco é porque estarei mergullada no Verdugo, nadando dun lugar para outro... cando vexades pingas no chan é sinal de que pasei por alí.

Benvid@s á escola!!

A vosa amiga Pintiñas