Etiquetas

Quen somos?

Somos as nenas e nenos do 1º Ciclo de Primaria, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Este bloque serviranos de xanela na que vos iremos amosando as actividades que se iran desenvolvendo ao longo do curso.

domingo, 8 de octubre de 2017

EXPERIMENTANDO O OUTONO

Este venres chegounos unha mensaxe de Curicuxa ás nenas e nenos de 2º. Outra vez!!! Que emoción!! Resulta que Curicuxa, que se entera de toooodo o que pasa no cole, sabía que as mestras nos estaban preparando algunha tarefa de outono para nós. E como a Curicuxa lle encantan os xogos, e as aventuras, púxose mans á obra e organizounos unha pequena excursión á carballeira que hai diante do instituto. Pero isto non foi todo, ao chegar á carballeira atopamos mensaxes de Curicuxa por todas partes:  nas pólas das árbores, agochadas entre os fieitos, nas pedras dos valados, había alomenos 6 ou 7 mensaxes!!! Bueno, eran mensaxes-preguntas-probas, nas que nos fixo afinar o inxenio, e tamén a memoria sobre cuestións e temas relacionados coa estación do ano na que estamos.

Pasámolo xenial, e ademais, investigamos, sentimos, descubrimos, tocamos, exploramos, cheiramos, e mesmo degustamos o sabor do OUTONO!!!
E levamos para a clase os nosos tesouros de outono, como podedes ver nas fotos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario